A COOPERACIÓN SINO-EUROPEA NO MARCO DA INICIATIVA DA FRANXA E A RUTA

A COOPERACIÓN SINO-EUROPEA NO MARCO DA INICIATIVA DA FRANXA E A RUTA

Convidámosvos a participar nesta iniciativa organizada polo IGADI A COOPERACIÓN SINO-EUROPEA NO MARCO DA INICIATIVA DA FRANXA E A RUTA en colaboración coa Academia de Ciencias Sociais China.
O próximo 6 de outubro en Santiago de Compostela terá lugar un Foro sobre as oportunidades que representa para Galiza e Europa a iniciativa da Ruta da Seda. A actividade está organizada polo IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, contando coa colaboración da Casa Asia.

No evento participará unha ampla comitiva chinesa integrada por máis de medio cento de especialistas procedentes de diferentes institutos da citada Academia (de Estudos da Información, de Filosofía, Estudos Ambientais e Urbanos), de seccións da Academia de provincias como Shandong ou Jiangsu, de medios de comunicación como o Public Daily, ou das Universidades de Dalian, Guangdong, Chongqing, Nanjing, Anhui, Henan, Xinjiang, Yunnan e Xian.

Por outra banda, participarán tamén especialistas das tres universidades galegas, da Complutense e da Autónoma de Barcelona, entre outros. Neste 2017, o Foro celébrase igualmente en París e Roma co rótulo común “Foro europeo sobre o modelo de desenvolvemento chinés”.

A ocasión representa unha oportunidade para afondar de primeira man sobre a realidade chinesa actual na véspera do XIX Congreso do Partido Comunista, que se levará a cabo a partir do 18 de outubro en Beijing; tamén para explorar as posibilidades de Galicia en relación ao citado proxecto da Franxa e a Ruta.
A elección de Galiza e Santiago de Compostela como sede do Foro é froito da colaboración de longa data entre o IGADI, nomeadamente o seu Observatorio de la Política China, e a CASS, o principal think tank de China.
Haberá servizo de tradución simultánea castelán/chinés.
Aforo limitado. Requírese inscrición previa en: director@politica-china.org

Consulta todo o programa:aquí