A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da UE

A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da UE

Continuamos coas mesas redondas no marco dos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que celebramos durante este ano 2018

A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da Unión Europea. É o título da próxima mesa redonda que organizaremos o vindeiro: Sábado 7 de Xullo. 10:00h Salón de actos da Fundación ONCE (Rúa Cantón Grande, 3-A Coruña)
Presenta e modera: Ana Miranda Paz, Eurodeputada do BNG
Interveñen:
Albert Noguera. Profesor de Dereito Constitucional. Universidade de Valencia. A Unión Europea como clube de Estados e non como unión dos pobos e nacións de Europa.
Mikael Bodlore-Penlaez (sc). Activista bretón, experto en minorías nacionais, impulsor da extensión .bzh e fundador do portal eurominority.eu. Atlas das Nacións sen Estado de Europa.
Encarna Otero Cepeda (sc). Historiadora e Luis Gonçalvez Blasco, “Foz”.Lingüista. Membro da Académia Galega da Lingua Portuguesa. A carta de Brest e a loita polo recoñecemento de Galiza como nación en Europa.

Anotade xa as próximas datas dos encontros:
25 de xullo. Espazo ideas do festigal 2018. 19:00h. Dereito a decidir dos pobos de Europa. Democria e xustiza social
05 de outubro. A Coruña. (pte concretar lugar e hora). A soberanía: Alternativa á ditadura do mercado.

Iremos dando conta de todas as novidades