Os días 5 e 6 de decembro cúmprense 80 anos da asemblea fundacional do Partido Galeguista celebrada en Pontevedra en 1931. A Fundación Galiza Sempre editou en 2006 a publicación Partido Galeguista: a esperanza frustrada como recoñecemento á xeración de nacionalistas galegos que fixo posible a consecución do Estatuto de Autonomía de 1936 e como denuncia da barbarie fascista imposta polo exército de Franco que esnaquizou esa experiencia democrática.
A publicación incluia unha carta inédita de Castelao que reflicte o seu compromiso coa causa republicana e o autogoberno de Galiza.
Pódela ler aquí.