A Fundación Galiza Sempre publicou no mes de decembro un novo exemplar da colección de cadernos Grandes Efemérides de Galiza aproveitando o aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos. Con este novo exemplar pretendíamos lembrar e pór en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu papel como organización de masas no ámbito estudantil e escola de cadros para o conxunto do movemento nacionalista na Galiza.
Duarte Correa, membro da dirección de ERGA nos seus últimos anos de existencia e un dos fundadores do movemento xuvenil creado posteriormente, é o encargado de realizar nas seguintes páxinas un detallado repaso ás diferentes etapas que atravesou a organización ao longo dos seus case dezaseis anos de actividade.
O vindeiro martes 31, xunto con Galiza Nova e Erguer. Estudantes da Galiza, comezamos unha xeira de presentacións do caderno en distintos puntos do país:
En cada acto intervirá o autor do caderno, que estará acompañado da secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e membros do Consello Nacional de Erguer.
*O caderno forma parte da colección Grandes Efemérides de Galiza, a cal recibe o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.