O xoves 14 de maio ás 18:00h a Fundación Galiza Sempre, coa colaboración do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes, organiza un debate virtual con deputadas e deputados no Congreso. Todas elas membros de organizacións integrantes do acordo da Llotja de Mar para falar de como os movementos soberanistas afrontan a crise do covid-19 e as súas perspectivas de futuro.
Poderá seguirse a través do Facebook do BNG, mais se non tes conta tan só tes que clicar na seguinte ligazón https://www.facebook.com/obloque/