O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX

Recollemos neste volume algúns dos principais textos políticos producidos polo nacionalismo galego no século XX. Noventa anos despois da Asemblea de Lugo quixemos agrupar os documentos que dan testemuño da traxectoria ideolóxica e programática das organizacións inequivocamente partidarias dos dereitos nacionais do pobo galego.

Editadas conxuntamente, estas ideas resultarán máis accesíbeis permitindo a súa mellor apreciación como patrimonio común de nacionalistas actuais e futuros, porque se algo destaca nestes textos é a súa capacidade para transmitir o empeño dos seus protagonistas por afirmar a libre determinación da identidade colectiva fronte á alienación e o espolio económico, político e cultural da nosa Terra.

A recompilación pretende sobre todo dar que pensar. Por iso recurrimos á análise de especialistas e procuramos colaboracións que susciten unha ollada nova e estimulante sobre o pasado buscando convencer a quen descubra agora estes escritos do longo e tortuoso camiño que deben percorrer os pobos na procura das súas liberdades. A frase non é retórica no noso caso: o avance na merecida normalización nacional volve tropezar nestes días con erros e atrancos coñecidos e enfronta, como case sempre, feroces ataques de quen non consinte que cidadanía, soberanía e dereitos se aprendan e exerzan en galego.

Nesta tesitura, o amor polo propio require compromiso. Se o damos motivado con esta lectura darémonos por satisfeitos.

Xabier Macías
Director da Fundación Galiza Sempre
Galiza, Xullo de 2009

Índice

  • Un camiño construído a varias voces Comba Campoy
  • Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo. 1918
  • Partido Galeguista. Decraración de principios. 1931
  • Nacemento e maduración Justo Beramendi
  • A lenta incorporaçom da mulher ao processo de construçom nacional Noa Rios Bergantinhos
  • Unión do Povo Galego. 10 principios mínimos. 1964
  • Qué é a UPG? 1977
  • Partido Socialista Galego (PSG) Declaración de principios. 1974
  • Texto conxunto encol de Galicia UPG & PSG. 1973
  • No abrente dunha nova xeira: o nacionalismo galego baixo o franquismo (1963-1975)Prudencio Viveiro Mogo
  • Medidas económicas para un programa de Goberno Provisorio Galego e Bases Constitucionais para participación da Nación Galega nun pacto federal e de Goberno Provisorio Galego. Consello de Forzas Políticas Galegas. 1976
  • Do rexurdir nacionalista ás bases do frontismo (1964-1976) Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
  • Bloque Nacionalista Galego. Programa político e organizativo. 1982
  • Posición e proposta do BNG perante a unidade do nacionalismo . 1990
  • Declaración de Barcelona. 1998
  • BNG: da reformulación táctica á adaptación pragmática Xosé Ramón Quintana Garrido
  • A evolución do Bloque Nacionalista Galego (1982-2009) Manuel Anxo Fernández Baz