A documentación custodiada no Arquivo FGS pode ser examinada ben directamente, mediante a consulta in situ dos documentos orixinais, ou ben indirectamente, solicitando información a través do servizo de atención ao usuario.
Os requisitos para acceder aos fondos do Arquivo FGS son: solicitar cita previa, acreditar unha finalidade investigadora e presentar o documento de identidade.
Outros servizos que se ofrecen:
- Sala de investigadores
- Reprografía (consultar condicións)
- Atención de consultas vía telefónica, correo ordinario e electrónico
- Asesoramento sobre a utilización da documentación do Arquivo FGS
- Asesoramento sobre fontes documentais complementarias
- Información sobre novos ingresos de fondos
- Consulta de obras na biblioteca auxiliar
- Actividades divulgativas