Autogoberno e igualdade das mulleres. Que futuro?

Autogoberno e igualdade das mulleres. Que futuro?

A Fundación Galiza Sempre organiza un Seminario para propiciar a reflexión e o debate en torno ao futuro da paridade e os retos que as políticas igualitarias deben afrontar perante o rexurdimento de correntes de pensamento neoconservadoras que reivindican o retorno das mulleres aos seus roles tradicionais. Será o sábado 23 de xuño de 2012 no Centro de Estudos Avanzados (Parque Vista Alegre – Rúa Salvadas, s/n) da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa:
10:00 Políticas ultraconservadoras: mulleres na casa e sen dereitos? O papel asignado ás mulleres nunha sociedade sen servizos públicos gratuítos e universais
Comunicacións e debate:
Sandra González, Alcaldesa de Tomiño.
Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo.
Carme Adán, Vicesecretaria do Parlamento galego, Secretaria Xeral de Igualdade Xunta de Galicia (2005-2009)
Olaia Fernández Davila, Deputada no Congreso
Marcha Mundial das Mulleres

12:15 O futuro da paridade. A participación das mulleres en novos espazos do poder. Máis presenza femenina supón máis poder para as mulleres?
Comunicacións e debate:
Cuotas e leis de paridade. Ana Luísa Bouza, deputada, dirixíu o Servizo Galego de Igualdade (2005-2009)
Presidentas. O valor simbólico das mulleres con Poder. Nanina Santos Castroviejo. Andaina
As mulleres na rede como usuarias e desenvolvedoras: unha nova fenda de xénero?. Rocio Fraga. Socióloga
O Poder xudicial. Ana López Suevos. Xuíza

A entrada é libre ata completar aforo. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña.