Na Fundación Galiza Sempre seguimos en curso e nesta semana, de man do noso compañeiro Uxío-Breogán Diéguez temos o pracer de colaborar nunha nova edición do Galeusca Historia: Exilios, Migracións e Fronteiras.
O III congreso celebrarase este venres e sábado na Coruña e, entre o amplo número de palestras estará a do noso amigo e colaborador, Xosé Estévez, gran experto no estudo e análise das relacións entre o nacionalismo vasco, galego e catalán.
Consultade aquí o detalle do programa: