O Poder público, social, político que ordena a vida das sociedades, é masculino

O Poder público, social, político que ordena a vida das sociedades, é masculino

A Fundación Galiza Sempre analizou en xuño o futuro da paridade. Nanina Santos Castroviejo, da revista feminista Andaina; Ana López Suevos, Xuíza; Rocio Fraga, Socióloga; e Ana Luísa Bouza, daquela deputada do BNG e directora do Servizo Galego de Igualdade entre 2005 e 2009, repasaron nun Seminario a participación das mulleres en novos espazos do poder, considerando se unha maior presenza femenina implica máis poder para as mulleres.

Como podes ver neste video, Nanina Santos Castroviejo teno claro: O Poder público, social, político que ordena a vida das sociedades, é masculino. Ao tempo, falando do valor simbólico das mulleres con Poder lanzaba, para a reflexión, o seguinte interrogante: “Contribúen mulleres como Merkel e Thatcher a deconstruír a masculinidade imperante e imperativa?”

ENLACE 4: https://galizasempre.org/fundacion/novas/poder-publico-social-politico-ordena-vida-das-sociedades-masculino