”Incluso con cotas aplícanse os estereotipos de xénero”

”Incluso con cotas aplícanse os estereotipos de xénero”

Ana Luísa Bouza, directora do Servizo Galego de Igualdade entre 2005 e 2009, sinalaba esta limitación ao falar sobre Cotas e Leis de Paridade no Seminario organizado en xuño por Galiza Sempre para falar de expectativas e futuro da igualdade das mulleres. Porén Bouza afirmou tamén na súa intervención a coincidencia no tempo da “introdución de cotas nas leis cunha maior participación das mulleres”.

A tamén deputada do BNG na última lexislatura compartíu reflexións coa xuíza Ana López Suevos; a socióloga Rocio Fraga e mais con Nanina Santos Castroviejo, da revista feminista Andaina.

ENLACE 3: https://galizasempre.org/fundacion/novas/incluso-cotas-aplicanse-estereotipos-xenero