Boa tarde,
Galiza Sempre facemos parte da organización do Festigal convidámosvos a participar, a estar, a gozar desta festa da cultura, da arte, da acción e reacción, das ideas, de forza, de país!
Consultade a programación completa e acudide! Un lote de música, teatro, presentacións literarias -entre as cales se atopa a do último libro editado por Galiza Sempre de María do Pilar García Negro, Unha historia parlamentar (inconclusa) o 25 ás 20h00 – e ideas, sobre todo ideas para dar forma ás nosas ansias, ao noso futuro.
Non perdamos pulso, sigamos, camiñemos xuntas, en calma e coa serea do Festigal no fermoso día da nosa matria galega!
Arriba Festigal !