Convidado pola Fundación Galiza Sempre, coa que compartíu en abril na cidade de Girona o acto de constitución da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos, Daniel Turp visitou Galiza entre o 25 e o 28 de outubro para falar de dereitos colectivos e explicar a experiencia da reivindicación nacional do Québec. O Vicepresidente do Partido do Québec e Presidente da súa Comisión política pronunciou conferencias en Lugo e Santiago. Deputado do Parti Québécois de 2003 a 2008 e do Bloc Québécois de 1997 a 2000, Turp é na actualidade profesor na facultade de Dereito da Universidade de Montreal e titular do Curso en Dereito internacional público e en Dereito constitucional avanzado.
O interese da Fundación Galiza Sempre polo movemento a prol da soberanía nacional do Québec xa propiciara en 2003 a organización dunha viaxe a ese país na que Camilo Nogueira, Ana Miranda e Carlos Aymerich coñeceran de primeira man a experiencia de diversas organizacións políticas, académicas e sociais. Os principais resultados deses encontros publicáronse na colección Ideas impresas editada pola FGS co título: Québec, unha nación.
Daniel Turp escribiu varias obras sobre o futuro político e constitucional de Québec, entre outras: Nós, pobo do Québec, un proxecto de Constitución do Quebec (2005); O dereito a elixir – Ensaios sobre o dereito de Québec a dispor de si mesmo (2001); e A nación amordazada, o plan B ou a ofensiva de Canadá contra o Québec (2000).
A PRENSA E O BLOG DE DANIEL TURP RECOLLEN A CRÓNICA DA VISITA A GALIZA DO VICEPRESIDENTE DO PARTI QUÉBÉCOIS
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/turp-pidelle-madrid-res…
http://www.20minutos.es/noticia/854460/0
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Beiras/Xunta/nos/somete/analfabet…
http://www.danielturpqc.org/leblogue/