Traducimos os apartados de maior interese para Galiza do traballo The Ascent of autonomus nations, publicado pola nosa organización de referencia no ámbito europeo, o Centre Maurits Coppieters. O libro critica a limitada representación que padecemos as nacións sen estado en comparación cos pequenos estados independentes da Unión Europea. Galiza é das peor tratadas no modelo actual e, de acordo á alternativa proposta neste estudo, chegaría triplicar a súa presenza no Parlamento europeo (PE) nunha UE ampliada internamente a 34 estados.
O libro parte da representación galega no PE en 2011, tres eurodeputados/as, mellorada coa incorporación da nacionalista Ana Miranda (BNG) en 2012. Aínda asi, Galiza ten, por caso en 2012, a metade de escanos que Eslovenia cando a súa poboación é superior en 800.00 habitantes. O problema da infrarrepresentación da nosa nación é se cadrar máis grave pois, da media de 4 parlamentarios galegos no PE entre 1987 e 2012, só tres o foron por forzas políticas de obediencia galega (a propia Ana Miranda; Camilo Nogueira, entre 1999 e 2004, e J.Domingo Posada en 1999). O resto dependeron sempre de decisións e disciplinas alleas.
A iniciativa foi posible grazas á subvención concedida en 2012 polo Ministerio de Educación, Cultura e deporte.
A versión completa en inglés disponible enlazando aqui.
Pódese mercar online a edición en papel na tenda do Centre Maurits Coppieters: www.cmc-foundation.eu