Gaza cara unha nova Nakba

A Fundación Galiza Sempre xunto con Galiza por Palestina, BDS Galiza, Asociación Galaico-Árabe Jenin, Mar de Lumes e Erguer. Estudantes da Galiza, organizamos unha xeira de actos co activista palestino Fayez Badawi por toda Galiza.

A través destes actos enmarcados no ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia, pretendemos traer a Galiza o relato da realidade sobre o xenocidio do pobo palestino da man dunha das voces más autorizadas para facelo. Con Fayez analizaremos as chaves para entender o que está pasando en Palestina, cales son os verdadeiros intereses de Israel ante a invasión de Gaza, o tratamento do conflito a través dos medios de comunicación ou cal está sendo o papel da comunidade internacional.

En total serán sete palestras en distintos puntos do País:

Ourense

  • Luns 23 ás 20:15 no Café Cultural Auriense

Compostela

  • Martes 24 ás 19:30 na aula 8 da Facultade de Historia

Vigo

  • Mércores 25 ás 20:00 na Sede da ONCE

Lugo

  • Xoves 26 ás 20:00 no Salón de Actos do Vello Cárcere

Viveiro

  • Venres 27 ás 19:30 no Salón de Usos Múltiples

A Coruña

  • Sábado 28 ás 18:00 na A.C Alexandre Bóveda

Ferrol

  • Luns 30 ás 20:00 no Antigo Hospicio