Presentación do caderno O ferrocarril en Galiza

Presentación do caderno O ferrocarril en Galiza

A Fundación Galiza Sempre presenta un monográfico sobre as infraestruturas ferroviarias na Galiza o próximo venres 29 de setembro na Facultade de Xeografía e Historia ás 19 horas. O informe realizado polos xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela, Mateo Varela, Miguel Pazos e Rubén Lois recolle unha análise sobre a historia, a situación actual e as perspectivas de futuro da rede ferroviaria galega.

O acto de presentación contará coa vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e eurodeputada, Ana Miranda e os autores da publicación.

O informe é unha contribución elaborado desde un punto de vista académico e técnico para a creación dunha alternativa seria e ambiciosa de dotar a Galiza dunha rede ferroviaria a altura do século XXI. Na presentación poderás facerte cun exemplar do caderno, mais polo momento podes consultalo nunha versión en liña no repositorio Minerva da USC:

https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/30991

Esta colección conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña