Congreso Recoñecemento Internacional de Galiza Nación

Congreso Recoñecemento Internacional de Galiza Nación

O sábado 16 de setembro terá lugar no Museo do Pobo Galego o I Congreso de recoñecemento internacional de Galiza Nación organizado pola Plataforma Social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, Vía Galega, plataforma da que a Fundación Galiza Sempre forma parte.

Coincidindo co 90 aniversario do IX Congreso das Nacionalidades Europeas celebrado en Berna entre os días 16 e 19 de 1933 e que supuxo o recoñecemento internacional de Galiza como nación. Deste xeito, a pretensión da plataforma é coñecer e achegarnos a este acontecemento relevante na nosa historia desde unha perspectiva actual.

No programa que se desenvolve ao longo da xornada destacan relatoras tanto no campo académico, investigador e político:

  • 9:45 /10:00.-  Presentación do congreso.
  • 10:00 / 10:50.- A Sociedade de Nacións e o recoñecemento internacional de Galiza nación en 1933.  Xosé  Estévez. Profesor de universidade e historiador.
  • 10:50 / 11:40.- O nacionalismo galego no primeiro terzo do s. XX. Das Irmandades da Fala ao Partido Galeguista (1916-1936). Uxío Breogán. Profesor e director  da Cátedra de Memoria Histórica da UDC.
  • 12.10 / 13:00.- A significación de Plácido Castro na proxección internacional de Galiza. A voz galega no exterior. Rubén Lois, Catedrático de Xeografía da USC-
  • 13:00 / 13:50.- A Unión Europea como supraestado nesta etapa do capitalismo monopolista. María do Carme Garcia Negro. Profesora de Universidade e directora do Centro de Documentación Europeo da USC.
  • 16:30 / 17:20.- Galiza: o marco político actual e a súa necesaria superación. Francisco  Rodríguez.  Profesor e ensaísta.
  • 17:20 / 19.00.- As nacións sen estado na actual Europa. O dereito de autodeterminación dos Pobos. Olaia Duarte, sendora electa de Bildu. Montserrat Fornells, deputada ERC no Parlament de Catalunya. Néstor Rego Candamil, deputado do BNG no Congreso de Deputados.

Para + información:

https://viagalega.gal/via-galega-presenta-o-congreso-reconecemento-internacional-de-galiza-nacion/