A Fundación Galiza Sempre publica un novo número da colección Ideas Impresas: o ferrocarril en Galiza

A Fundación Galiza Sempre publica un novo número da colección Ideas Impresas: o ferrocarril en Galiza

Co gallo da celebración este 2023 do 150 aniversario da inauguración da primeira liña ferroviaria na Galiza, entre Cornes (Compostela) e o porto de Carril (Vilagarcía de Arousa), desde o padroado da Fundación Galiza Sempre decidimos dedicar este oitavo volume da colección “Ideas Impresas” a analizar a fondo o sistema ferroviario galego. Facémolo a través dun completo estudo autoría do Doutor en Xeografía pola Universidade de Toulouse, Mateo Varela, o catedrático de Análise Xeográfica Rexional, Rubén Lois e o profesor de Xeografía Humana da USC, Miguel Pazos.

O monográfico recolle unha análise panorámica sobre a historia, a situación actual e as perspectivas de futuro da rede ferroviaria galega. Deste traballo podemos extraer unha radiografía actualizada do ferrocarril no noso país e interesantes conclusións útiles para o debate, o contraste de ideas e propostas e, en definitiva, para contribuír á construción dunha alternativa seria, rigorosa e ambiciosa para dotar á nosa nación dunha rede ferroviaria á altura do que precisa e merece a Galiza do s. XXI.

 

*Esta colección conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña