O C.S A Hedreira de Lugo proxecta o vindeiro xoves 2 de xuño ás 20.30 o documental Fedayin. A loita de Georges Abdallah, en colaboración con mar de Lumes, a Fundación Galiza Sempre e BDS-Galiza.
O filme aborda a súa persoa desde os campos de refuxiados palestinos que axudaron a crear a súa conciencia ata as mobilizacións internacionais pola súa liberación. A través desta peza documental en versión orixinal e lexendada ao galego, descubriremos quen é o preso político máis antigo de Europa.