Ante a posición asumida polo goberno español sobre o Sahara Occidental, a cal fica completamente aliñada coa da ditadura de Marrocos na que se acepta o plan de de autonomía presentado en 2007 e no que na práctica significa a anexión por Marrocos do territorio saharuí, a Fundación Galiza Sempre e Mar de Lumes organizan un novo encontro dentro do ciclo Diálogos desde a Periferia.
Nesta ocasión leva por título Chaves da traizón do goberno español ao pobo saharuí, nunha conversa con Montse Prado, deputada do BNG e membro da Executiva poderemos achegarnos ao momento actual que está vivindo o Sahara e as consecuencias no futuro.
Poderás seguir o encontro de forma telemática e ao vivo este mércores 30 ás 20h a través da páxina de Facebook da Fundación Galiza Sempre: fb.com/fundacion.galizasempre