O vindeiro sábado 22 de xaneiro a presidenta saínte da Convención Constitucional de Chile, Elisa Loncón participará nun encontro do ciclo Diálogos desde a Periferia da Fundación Galiza Sempre que leva por título A plurinacionalidade chilena en construción. Será ás 12:00 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).
No acto intervirán a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón e a Coordinadora da Área de Internacional do BNG, Ana Miranda.