O martes 30 de marzo ás 19:30 a Fundación Galiza Sempre presenta no Antigo Hospicio de Ferrol o caderno de análise Umha proposta para a ria de Ferrol, a segunda obra que compón a colección de Ideas Impresas.
Neste caderno o seu autor, Joám Luís Ferreiro Caramés (Césio) fai unha análise sobre a necesidade da recuperación integral da ría de Ferrol, máis alá da construción de depuradoras ou da rexeneración dalgún banco marisqueiro. Unha análise que se combina con propostas reais e necesarias para unha ría viva e saudábel que mellore a vida das veciñas e veciños da comarca.
Joám Luís Ferreiro Caramés “Césio” é biólogo, coordenador do grupo de traballo nacional de pesca do BNG e membro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Realizou diversas campañas como observador en barcos de pesca para o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e traballou como asistente técnico na cofraría de pescadores de Barallobre.
No acto de presentación estará acompañado por Mon Fernández, deputado do BNG no Parlamento Galego.
Por mor das limitacións de aforo para asegurar a asistencia é preciso inscibirse na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeMAMPZviP6eCUIFX3sCljhMCvk-nA28lHHAG0FyNseBK-4aA/viewform