Co gallo do Día de Rosalía, a Fundación Galiza Sempre organiza unha mesa redoda que leva por título Unha ollada internacional sobre a figura de Rosalía. Xunto con Anik Nandi, Katheleen March e Keith Payne afondaremos na proxección da obra de Rosalía a nível internacional.
Será o vindeiro mércores 24 ás 20:00 e poderá seguirse a través da páxina de Facebook da FGS: fb.com/fundacion.galizasempre
Anik Nandi, nado na India, actualmente reside en Santiago de Compostela. É sociolingüísta e nos últimos anos estivo desenvolvendo a investigación “As políticas lingüísticas de resistencia familiar”, según o investigador, o seu interese pola situación do galego non se entenden sen a figura de Rosalía.
Katheleen March, investigadora de Nova Iorque e cofundadora da Asociación Internacional de Estudos Galegos, traduciu obras de Rosalía ao inglés e ten afondado na súa figura a través do seu posicionamento crítico de análise e feminista dando lugar a diversos traballos de investigación.
Keith Payne, irlandés afincado en Galiza, profesor de inglés en Vigo, tradutor e poeta. A súa última tradución é Second Tongue, unha tradución ao inglés do pemario de Yolanda Castaño. No seu achegamento á lingua galega, a obra de Rosalía foi fundamental.