Presentación do caderno Eucaliptos e o forestal arborado, de Ramón Varela Díaz

Presentación do caderno Eucaliptos e o forestal arborado, de Ramón Varela Díaz

O próximo martes 27 de outubro ás 19:30 no andar cero do Museo de Pontevedra teremos a presentación do primeiro caderno da nova edición de Ideas Impresas, Eucalpitos e o forestal arborado. Os cadernos de análise da Fundación Galiza Sempr, naceron no 2002 e este ano volvemos recuperalos cunha edición nova e actualizada, pero co mesmo formato lixeiro e divulgativo.

O primeiro número é obra do Catedrático e Doutor en Bioloxía, Ramón Varela Díaz. A través deste caderno axúdanos a entender a problemática e os intereses que motivan a política forestal que temos no país. A súa vez  defende as posibilidades que se nos abren nun contexto de obrigado cambio de rumbo, cun modelo que poña o foco no propio e ao servizo do país e non ás grandes empresas nin multinacionais.

No acto contaremos con Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

O caderno en pdf poderá ser consultado na propia páxina web da Fundación Galiza Sempre, mais se estás interesada/o en telo en formato físico podes recollelo na propia presentación ou poñéndote en contacto coa FGS.

*Debido ás limitacións de aforo coas que contamos actualmente precisamos dunha previa inscrición para poder asisitir cubrindo o seguinte formulario:

https://bit.ly/cadernoPO