O venres 19 ás 16 horas a Fundación Galiza Sempre organiza o cuarto encontro do ciclo Diálogos desde a Periferia.
Para esta nova conversa contaremos co expresidente do Estado Plurinacional de Bolvia, Evo Morales, apartado do goberno de forma ilexítima a finais do 2019 e con Ana Pontón, Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego e candidata á Xunta de Galiza.
Modera o encontro Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.
Poderedes seguir a conversa a través da nosa canle de Facebook: fb.com/fundacion.galizasempre
Este encontro está coorganizado coa Fundación Coppieters.