Premio Coppieters Parabéns para Carme Forcadell

Mañá, 26 de setembro o noso patner Centre Maurits Coppieters entrega o seu galardón anual que nesta edición premia a Carme Forcadell.

A Fundación Galiza Sempre estará representada neste acto pola nosa vicepresidenta Ana Miranda.

En nome do Padroado da Fundación Galiza Sempre queremos trasladar a Carme Forcadell os nosos parabéns polo exemplo de patriotismo, dignidade e firmeza democrática que na condición de Presidenta do Parlament de Catalunya deu en todo momento na defensa dos dereitos do pobo catalán e das súas institucións representativas.

Aproveitamos tamén para trasladar o noso apoio e solidariedade co pobo catalán que está a protagonizar unha exemplar loita cívica na defensa dos dereitos colectivos e da dignidade nacional. Fronte ao autoritarismo e a represión do Goberno español, queremos que saibas que na Galiza o pobo catalán terá sempre na nosa Fundación e no conxunto do nacionalismo galego un firme aliado.