Manifesto da I ASEMBLEA NACIONALISTA

Hoxe é 17 de novembro e nesa mesma data do ano 1918, comezaba en Lugo a I Asemblea Nacionalista. Deste encontro saíu o manifesto no que as Irmandades da Fala deixaban definitivamente atrás o rexionalismo para se declarar nacionalistas.

A Fundación Galiza Sempre ten depositado o manifesto orixinal no Museo do Pobo Galego. No ano 2008 e conmemorando o 90 aniversario fixemos unha edición facsímil. Desde hai uns anos podedes descargar o texto deste documento a través da biblioteca dixital do DILINAME. http://www.galizasempre.gal/biblioteca/manifesto-da-asamblea-lugo-1918

Galiza Sempre leva colaborando todo este ano e xunto a diversas organizacións nacionalistas con diversas accións de conmemoración do Centenario das Irmandades da Fala. O 2016 vai rematando mais o traballo debe seguir, debemos coller impulso e mirar no presente e cara o futuro para seguir facendo memoria.