As galegas Concepción Arenal e Emilia
Pardo Bazán foron pioneiras reivindicando
o acceso das mulleres á educación.
Rosalía de Castro rachou, na súa vida
e obra literaria, co arquetipo
de muller romántica.
A Revolución Francesa, a finais
do século XVIII, asestou un duro
golpe aos principios que imperaban
no Antigo Réxime e deu lugar
á apertura de novos horizontes
políticos, económicos e sociais no
mundo occidental. [+]descargar pdf
No século XIX, a mediados de século,
foi cando xurdiron no mundo occidental
as primeiras organizacións en defensa
do dereito ao sufraxio feminino. [+]descargar pdf
En 1901 licenciouse a primeira
muller na Universidade de
Santiago de Compostela.
Fins do século XIX e principios
do XX son tempos de protestas en
demanda de mellores condicións
laborais ou contra a suba abusiva
dos impostos. [+]descargar pdf
O 14 de abril de 1931, logo de
coñecerse os resultados das
eleccións municipais celebradas
dous días antes, Afonso XIII
decidiu abandonar España e un
goberno provisional presidido
por Alcalá Zamora proclamou
a II República. [+]descargar pdf
A Constitución de 1931 trouxo
consigo o recoñecemento da
igualdade política, acompañado
doutras disposicións relativas
á abolición da discriminación [+]descargar pdf
O golpe de 1936
orixinou un brutal
proceso de represión
física e psíquica
contra as mulleres
O Golpe de Estado en xullo
de 1936 colocaría no punto
de mira a aqueles homes e
mulleres que participaron
activamente en defensa da
liberdade [+]descargar pdf
Unha lei franquista de 1945 determinaba
que “por razóns morais e de eficacia
pedagóxica” nenos e nenas debían de
estar separados na escola
A ditadura franquista puxo fin
a moitas das conquistas da II República,
impoñéndose un encadramento de cada
grupo social nun lugar acorde coa orde
e moralidade que pregoaba o sistema. [+]descargar pdf
Até 1961 un home podía dar morte
ou lesionar a súa esposa se fose
sorprendida cometendo adulterio
En 1964 a Lei Xeral de
Asociacións autorizou, aínda
que con grandes limitacións,
a creación de colectivos
de mulleres [+]descargar pdf
A ONU declarou en 1975 o Ano Internacional
da Muller e en México levouse a cabo a
I Conferencia Mundial sobre a Muller [+]descargar pdf
O asociacionismo feminista cobra
un grande impulso na transición
A Transición, nun contexto de
grande axitación e actividade
política, foi un período onde
o asociacionismo feminista
cobraría un grande impulso. [+]descargar pdf
Coa morte de Franco abríanse
as portas a unha reforma do
Código Civil que abolise o delito
de adulterio e recoñecese a
posibilidade da disolución libre
do matrimonio. [+]descargar pdf
A legalización da interrupción
voluntaria do embarazo foi un obxectivo
fundamental do movemento feminista
Outros aspectos da
problemática das mulleres
que tiveron gran relevancia
no debate feminista foron:
a loita contra todas as
manifestacións da violencia
machista, os anticonceptivos,
o aborto, a defensa da
libre opción sexual e a
equiparación en dereitos das
parellas homosexuais. [+]descargar pdf
A realidade social dista moito
de achegarse a unha situación
equitativa entre homes e mulleres
Malia que o ordenamento xurídico resultante
da Constitución de 1978 abrise novos camiños
na eliminación da discriminación por razón
de xénero, a realidade social dista moito de
achegarse a unha situación equitativa. [+]descargar pdf
Os últimos anos do século
XX, coa aparición de internet
e dos novos espazos para a
difusión e intercambio de
información, posibilitaron a
multiplicación dos recursos
e a dinamización do debate
feminista. [+]descargar pdf
FEMINISMO GALEGOCambios sociais e
|
|
|
Exposición organizada pola |
|
|
Dirección: Guión, Investigación Asesoramento: Xestión e administración: Agradecementos: |
Fondos documentais: Comisión de Igualdade do Marcha Mundial das Mulleres Deseño gráfico e produción Colabora: |