Escollendo o futuro de Escocia. Unha conversa Nacional

Goberno de Escocia

O 15 de outubro de 2012, asinabase en Edimburgo o Acordo entre o goberno do Reino Unido e o goberno escocés sobre un posibel referendum para a independencia de Escocia. O acordo pretende garantir o dereito a decidir dos cidadáns escoceses xa que, tal como sinalou o primeiro ministro británico David Cameron, facía parte do programa eleitoral do Scottish National Party (SNP) e os escoceses deronlle unha maioría absoluta nos comícios de 2011.

O Goberno escocés ten en marcha diversas campañas favorabeis ao referendum (www.yesscotland.net) e en 2007 publicou o argumentario Choosing Scotland's Future. A National Conversation, que repasa as opcións constitucionais para a concreción das aspiracións escocesas de se converter nun Estado independente.

Recollense as bases do que seria a Escocia que ven: o seu Parlamento, as súas institucións propias, as relacións co resto dos Estados do mundo e especialmente co británico, etc. A mensaxe ten un claro carácter positivo (Together we can make Scotland better é o slogan do SNP) reafirmando que máis soberanía e autogoberno para unha nación sen Estado como a escocesa é sinónimo de máis benestar e mellora de calidade de vida.