Dossier candidatura galega FSM

A Fundación Galiza Sempre (FGS) elaborou e presentou na primavera de 2011 este dossier coa candidatura galega para a organización dun Foro Social Mundial (FSM). Fíxoo perante o Consello Internacional do FSM en nome dun conxunto de organizacións sociais galegas coas que xa compartira a experiencia do Foro Social Galego celebrado en 2008. O proxecto defendía a celebración, por primeira vez e en plena crise, dun FSM no norte xeopolítico; promovía a reflexión sobre as perspectivas dos foros despois de once anos de experiencia; e pretendía consolidar a defensa dos dereitos colectivos dos pobos como patrimonio do movemento antiglobalización. De feito, a candidatura galega foi promovida inicialmente pola Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos -da que a FGS é unha das entidades fundadoras- que tivo un papel sobranceiro no FSM de Belém do Pará (Brasil, 2009) conseguindo proxectar e tender pontes entre as problematicas das nacións sen estado e as dos pobos autóctonos e indíxenas en todo o mundo.
O dossier recolle datos históricos, sociopolíticos, económicos e loxísticos de Galiza e facilitou a difusión da cuestión nacional galega en múltiples ámbitos.
Finalmente, o FSM celebrarase en Túnez na primavera de 2013.