A Causa Palestina

Central Única dos Trabalhadores. CUT. Brasil

A CUT brasileña presentou esta publicación o 29 de novembro de 2012 coincidindo coa aprobación pola ONU (138 votos a favor, 9 en contra, 41 abstencións) do recoñecemento de Palestina como estado observador, un paso máis no longo camiño pola plena aceptación internacional dos dereitos do pobo palestino. A causa palestina presentouse no marco do Fórum Social Mundial Palestina Livre celebrado en Porto Alegre (Brasil) entre o 28 de novembro e o 1 de decembro de 2012.

Galiza Sempre ten compartido diversas iniciativas solidarias co pobo palestino tanto con organizacións galegas como coas integrantes da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos. En 2010 participou en Ramallah (Cisxordania) do Foro Mundial de Educación (foto).